CRTVG

Buscar

As vendas da lotaría de Nadal dispáranse e xa hai números que non están dispoñibles

Publicado o 16/12/2019 13:04

As administracións de lotaría galegas recibiron máis de 900.000 billetes de lotaría de Nadal, por valor de case 186 millóns de euros. Din que este ano as vendas foron espectaculares, sobre todo na primeira quincena de decembro. Nestes momento xa quedan poucas opcións entre as que escoller. 

Susana Quintela, vendedora: "Moi poucas. Por exemplo, non queda nada dos números da casa, hai terminacións que se acabaron hai tempo. Intento facer cambios con outras administracións para que nos cedan algún número, pero neste momento hai moi pouquiño. Este ano pediron moitísimo o 2, o 8 hai moito que se acabou, o 0, que me estrañou".

As terminacións impares, o 13 e o 19, por corresponderse co ano, hai tempo que se esgotaron. varios compradores: "Non teño número preferido. Ao bombo van todos e o que toca, toca". "Si, xogo á lotaría de Nadal dous números desde hai 40 anos que me veñen das Fallas de Valencia". "Como mínimo sempre compro todas as terminacións. Xogo dez décimos mínimo. Este ano xogo máis, con algúns que me regalaron teño 19 ou 20 décimos".

O ano pasado, cada galego gastou unha media de 61 euros na lotaría de Nadal, uns tres décimos. Onde máis, na provincia de Lugo, cun gasto medio de case 77 euros por habitante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/12/2019