CRTVG

Buscar

As universidades e a Xunta renovan a intención de achegar a formación aos maiores

Publicado o 15/01/2020 13:41

Tres mil galegos maiores de 65 anos participan en programas de formación universitaria, especialmente concibidos para a súa idade e as súas necesidades específicas. A Consellería de Política Social e os reitores das tres universidades galegas renovaron esta mañá o convenio de colaboración para financiar unha nova etapa deste programa. Nel participan maioritariamente mulleres que no seu momento non puideron acceder ou completar os seus estudos universitarios.

As aulas impártense nos campus das sete cidades, pero tamén noutras catorce poboacións de toda Galicia, co obxectivo de achegar os estudos superiores ao ámbito rural.

"Dan a oportunidade a todas as persoas maiores que non viven nas cidades, senón que viven no rural galego, e levan esa formación ao rural, para que cada vez máis persoas maiores saian das súas casas, vaian ás aulas e polo tanto poidan continuar ou comezar moitos estudos que ao mellor ao longo da súa vida non tiveron tempo ou oportunidade de facer", explicou a Conselleira de Política Social, Fabiola García.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020