CRTVG

Buscar

As tormentas provocan inundacións de rúas e de negocios en Monforte

Publicado o 03/06/2020 13:59

En pouco máis de media hora, caeron quince litros de chuvia por metro cadrado no centro de Monforte, segundo datos de Meteogalicia. Como consecuencia da tormenta, anegáronse varios negocios na zona da Compañía, onde foi preciso achicar máis de medio metro de auga.

Luisa Gómez, hostaleira: "Choveu moitísimo nun intervalo bastante pequeno de tempo. Estaba toda a rúa inundada, polo que nos entrá a nós, que está máis baixo. Choveu moitísimo".

Penka Simeonova, hostaleira: "Empezou a chover, e de súpeto moi forte, e púxose aquí coma un río. Do sumidoiro comezou a saír auga para arriba, coma unha fonte. Para evitar a entrada da auga, coloquei caixas de cervexa".

Como resultado das inundacións, a policía local tivo que cortar o tráfico en varios puntos. Pola súa parte, os bombeiros do parque comarcal de Monforte realizaron unha ducia de intervencións en distintas rúas da vila.

Tomás Losada, sarxento dos bombeiros de Monforte: "Houbo unha tormenta, que descargou unha gran cantidade de auga e pedrazo. A raíz diso, empezáronnos a chamar por inundacións en varios sitios. O punto máis conflitivo foi na zona da Compañía, á altura da saída do parque dos Condes, onde se inundou a rúa. A auga entraba nos baixos e locais comerciais e procedemos a achicala".


Luisa Gómez, hostaleira: "Cando para, que dasaugue por si só e limpar e todo o que implica. Cerrar, que é o que che queda. Vainos cubrindo o seguro, pero en fin...".

Este supermercado do centro da vila tamén se anegou, polo que foi preciso achicar a auga.

Noticias web

03/06/2020