CRTVG

Buscar

As termas de Ourense seguen pechadas, á espera de poder arranxalas

Publicado o 26/12/2019 13:55

As termas son un dos reclamos turísticos en Ourense. Con frío, con calor, con choiva, e en calquera época do ano veciños e visitantes non perden a oportunidade de probar estas augas con propiedades terapeúticas. Pero esta é a imaxe que presentan hoxe. O aumento de caudal do río Miño deixou as pozas públicas da Chavasqueira baixo a auga. As de Outariz xa se ven pero, polo momento, están inservibles.

As pozas permanecen pechadas ao público, e iso que nos últimos días o río Miño baixou o seu nivel máis de tres metros. Pero para comezar a arranxar os estragos haberá que agardar aínda a que o nivel baixe máis.

Iso si, a xente non queda sen baños en Ourense. A pisicina das Burgas están tendo estes días de Nadal máis actividade ca nunca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019