CRTVG

Buscar

As tendas de segunda man, unha alternativa á devolución de agasallos

Publicado o 20/01/2020 14:11

O refrán di que "a cabalo regalado, non lle mires o dente". Porén, na actualidade, son moitas as posibilidades de darlles unha segunda vida a aqueles agasallos que non gustan tanto. Os portais de Internet e as tendas de segunda man son a opción pola que máis se opta. Tras o Nadal, neste tipo de establecementos notan un certo incremento no número de clientes que acoden a vender os seus produtos.

O inicio do ano é tempo de propósitos e cambios. Ademais de aproveitalas para darlles unha segunda vida a aqueles regalos máis desafortunados, moitos acoden a estas tendas tras facer limpeza no fogar e deixar sitio para cousas novas.

Nos últimos tempos, semella que o negocio dos comercios de segunda man é unha boa alternativa para moitos. Ademais de prezos máis económicos por produtos, en ocasións, case sen usar, estes lugares permiten obter o que xa é imposible atopar noutras tendas.

Darlle unha nova utilidade a aquilo que temos na casa ocupando espazo nunca foi tan sinxelo e, ao mesmo tempo, solidario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020