CRTVG

Buscar

As secuelas da covid-19 máis persistentes son as psicolóxicas

Publicado o 03/10/2020 19:38

Superado o coronavirus, hai pacientes que refiren cansanzo, fatiga ou mesmo lesións cutáneas ou alopecia. Circunstancias todas que poden aparecer incluso en persoas que tiveron cadros leves.
 

 Javier de la Fuente. Presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna. "Isto estamos vendo que co tempo, en xeral, corríxese".

Os que pasaron pola UCI e estiveron intubados adoitan presentar pegadas máis serias, se ben o presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna di que aquí, en Galicia, non houbo tantos ingresos prolongados e tamén son poucos os que sofren consecuencias físicas severas.

Javier de la Fuente. Presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna. "Eu diría que seguramente, inferior ao 5% con secuela definitiva pulmonar marcada".

No que si aprecian unha maior persistencia é nos efectos psicolóxicos que deixaron nos ingresados o illamento, a incerteza sobre a súa saúde e a dos seus e o seu futuro económico. Máis do 30 % manteñen estrés postraumático meses despois de pasar o virus.

Javier de la Fuente. Presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna. "Moitísimo insomnio, moitísima ansiedade. Desenvolveron fobias, condutas fóbicas de temor a contaxios e demais".

Para que a chegada da gripe non complique a situación, Javier de la Fuente recomenda a vacinación non só entre os grupos de risco.

Javier de la Fuente. Presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna. "Se antes era máis que recomendable, eu creo que agora debería ser case esixible".

Recorda que a covid-19 e a gripe teñen síntomas comúns como a febre, as dores musculares ou a diarrea, pero que coa covid normalmente hai unha tose peculiar e máis frecuente e tamén adoita afectar o olfacto e o gusto.
 

Noticias web

03/10/2020