As rupturas matrimoniais en 2020 descenden en Galicia a 5.180, un 6,8 % menos
En 2020 as separacións e os divorcios baixaron en Galicia nun 6,8 % con respecto ao ano anterior. Son datos directamente relacionados co coronaviurs. As dificultades económicas de moitas familias por mor da pandemia e a paralización da actividade xudical están detrás deste descenso.
5.180 parellas galegas romperon en Galicia durante 2020, un 6,8 % menos ca o ano anterior. É un dato que pode sorprender, xa que, segundo as estatísticas, despois de épocas de maior convivencia, como a do confinamento, aumentan os divorcios ou separacións. Porén, a inestabilidade económica e as incertezas ligadas á pandemia influíron na decisión de moitas parellas.
A paralización da actividade xudicial na pandemia tamén influíu no descenso de demandas por ruptura matrimonial.
É o sexto ano consecutivo que descenden as demandas de divorcio ou separación en Galicia. Con todo, o pasado exercicio a caída foi máis acusada.