CRTVG

Buscar

As rúas de Compostela, ateigadas de turistas no segundo domingo de agosto

Publicado o 09/08/2020 16:12

Hoxe Santiago de Compostela encheuse de turistas, para sorpresa dos hostaleiros.
As rúas da zona vella da cidade ateigáronse de xente neste segundo domingo de agosto. De non ser polas máscaras, nada faría sospeitar que está a ser un verán atípico. A capital de Galicia volveu amosar por que é un dos lugares máis visitados da comunidade.

Noticias web

09/08/2020