CRTVG

Buscar

As ribeiras do Índico recordan o tsunami que levou a vida de 200.000 persoas hai 15 anos

Publicado o 26/12/2019 12:03

Ían dar as oito da mañá dun 26 de decembro do 2004. Un terremoto de 9 graos no océano Índico fronte á costa de Sumatra, en Indonesia, provocou un dos tsunamis máis catastróficos da historia da humanidade. Máis de 200.000 mortos que lembramos 15 anos despois.

Banda Aceh, decembo de 2019. Alí, un barco varado leva 15 anos representando o desastre. Agora é un museo que describe a forza daquel tsunami e a persistencia das xentes do lugar por refacer as súas vidas no seu lugar no mundo.

Muhammad Saleh é mariñeiro e sobreviviu naquel 2004. Di que afastarse do mar sería como facer unha ferida enriba doutra ferida porque a súa vida depende do mar.

Un mar que resultou devastador coa onda de case 30 metros de altura que matou a máis de 220.000 persoas nun grupo de países do océano Índico, Tailandia, Sri Lanka e A India, entre eles. Indonesia é un dos lugares máis afectados do mundo polos desastres naturais e nesta década e media contabiizáronse máis de 10.000 mortos en máis de 30 movementos de terra.

O perigo é continuo. Para pechar a ferida da que falaba Muhammad só queda que pase o tempo e as ondas.

Noticias web

26/12/2019