CRTVG

Buscar

As reunións de familiares e amigos causan máis da metade dos novos contaxios

Publicado o 21/08/2020 19:07

Máis do 60 por cento de todos os novos contaxios son en reunións de familiares ou amigos. Con este dato rotundo resume Adolfo Baloira, xefe de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra, a necesidade de manter as medidas de seguridade mesmo cos máis achegados.

Distancia de metro e medio ou dous metros, evitar o contacto físico e manter a máscara posta, sobre todo nos espazos interiores. Son unhas medidas que os expertos non deixan de repetir. Medidas ás veces difíciles de aplicar estando en familia. Semella que segue custando ver esas reunións como fonte de contaxio.

Noticias web

21/08/2020