CRTVG

Buscar

As restricións marcarán as festas de Nadal dos galegos

Publicado o 26/11/2020 14:43

Este ano as aglomeracións de Nadal resultan impensables. A pandemia vainos deixar unhas celebracións sen festas multitudinarias, toque de queda e pequenas reunións.

Aínda que non será ata a próxima semana cando saberemos cales serán as pautas que van ter que seguir os galegos este Nadal, moitos prefiren pasar un Nadal en solitario para acabar canto antes coa situación que estamos a pasar. 

Se finalmente as reunións familiares se limitan a 6 persoas, complícase a decisión sobre a quen se invita a cear.

O que está claro é que estas teñer que ser unhas festas marcadas pola responsabilidade individual para evitar a chegada dunha terceira onda. 

Noticias web

26/11/2020