CRTVG

Buscar

As restricións baleiran as rúas do Carballiño

Publicado o 18/10/2020 14:41

Esta é a imaxe que atopamos nada máis chegar ao Carballiño. A Policía Local e a Autonómica controlan as entradas e saídas por estrada.

A paisaxe, din, foi mudando nos últimos días. Cada vez hai máis negocios pechados ou abrindo a duras penas, e menos xente polas rúas.

As restricións de mobilidade súmanse ás de ocupación e á prohibición de xuntarse cos non convivintes. O Carballiño ten 14.000 habitantes, aquí hai 178 persoas contaxiadas de coronavirus. 26 en Boborás, e 10 no Irixo.

O Carballiño, canda Ourense, Barbadás, Verín e O Barco están en vermello no mapa da incidencia do coronavirus por concellos.

Nesta área sanitaria hai hoxe 1.577 casos activos e 78 novos contaxios case, 20 menos que na xornada anterior. Na cidade de Ourense baixan por vez primeira en moitos días dos 500 casos activos. Aumenta, iso si, o número de persoas hospitalizadas: son 111 e 13 delas precisan coidados intensivos. Na área sanitaria de Ourense están o 32 por cento dos casos activos de coronavirus en Galicia.

Noticias web

18/10/2020

Máis sobre O Carballiño