CRTVG

Buscar

As reservas do grupo sanguíneo A- atópanse baixas en Galicia

Publicado o 05/12/2019 18:04
As reservas do grupo sanguíneo A- atópanse baixas en Galicia

As reservas do grupo sanguíneo A negativo (A-) atópanse con nivel baixo en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A positivo (A+) permanecen normais, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos. 

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 9 de decembro, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol (Praza de España), Arteixo (servizos centrais de Inditex), A Coruña -(Naturgy), Trazo (diante do centro de saúde) e Santiago (Área Central). Tamén o luns 9 haberá unidades móbiles nas localidades luguesas de Cervantes (fronte ao Concello) e Navia de Suarn (Avenida dos Ancares); así como nas ourensás de Paderne de Allariz (á beira do Consistorio) e Pereiro de Aguiar (diante da Casa Consistorial). Así mesmo, o día 9 ADOS enviará unidades móbiles aos concellos pontevedreses de Marín (xardíns da Alameda), A Cañiza (fronte ao edificio Gran Sol) e Vigo (zona Travesía).

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí