CRTVG

Buscar

As protestas rexorden en Chile tras o verán cunha manifestación masiva

Publicado o 07/03/2020 11:58

As protestas regresaron este venres a Chile logo dos meses centrais do verán austral, con centos de miles de persoas que protestaron no centro de Santiago contra o Goberno que preside Sebastián Piñera. Os cidadáns seguen amosando o seu descontento nas rúas e a crise parece lonxe de solucionarse malia as medidas sociais anunciadas polo executivo e o plebiscito sobre unha nova Constitución, que terá lugar o próximo 26 de abril.

Houbo cerca de 40 peches temporais en polo menos 30 estacións de metro, con intentos masivos de entrar sen pagar e disturbios no interior.
 

Noticias web

07/03/2020