CRTVG

Buscar

As protestas en Chile alteran o festival Viña del Mar

Publicado o 24/02/2020 08:37

Este domingo rexistráronse novos disturbios en Chile, con manifestación e enfrontamentos coa policía.
Desta volta foi para esixir a cancelación do festival da canción de Viña del Mar, no medio da crise social que vive o país.

O hotel en que se aloxan artistas, traballadores do evento e xornalistas foi evacuado por seguridade. Iso ocasionou problemas de traslado e obrigou a cambiar a dinámica do festival, cuxa programación se prolonga toda esta semana.

A organización decidiu pospoñer as actuacións dos concursantes das modalidades internacional e folclórica coa pretensión de que comecen este luns. Só se celebrou como estaba previsto o concerto inaugural e un espectáculo humorístico.

Noticias web

24/02/2020