CRTVG

Buscar

O ADN confirma que os restos atopados en Zaldibar son de Alberto Sololuze

Publicado o 19/08/2020 10:12
O ADN confirma que os restos atopados en Zaldibar son de Alberto Sololuze

Novidades no caso do vertedoiro de Zaldibar. As probas practicadas aos restos óseos que se toparon máis pertenzen a un dos traballadores desaparecidos, a Alberto Sololuze.

Os traballos continúan con maquinaria máis pequena e mesmo á man para peneirar os entullos e tentar dar cos corpos dos dous desaparecidos. Máis de seis meses transcorreron entre o colapso da entulleira de Zaldibar, en Biscaia, e o indicio de sinais de Xaquín Beltrán e Alberto Sololuze, as dúas vítimas da traxedia.

Os operarios encargados do rastrexo dos corpos atoparon primeiro un resto óseo humano o domingo. Trátase, ao parecer, da tibia dun dos traballadores desaparecidos, que apareceu envolta nunha tea. 

O Xulgado de Instrución número un de Durango decretou o pasado 23 de xullo a liberdade provisoria con medidas cautelares para os tres responsables da empresa propietaria da entulleira, que se manteñen en situación de investigados e deben comparecer ante a autoridade xudicial unha vez ao mes.