CRTVG

Buscar

As primeiras liñas están estreando rutas

Publicado o 23/01/2020 15:09

A estación de autobuses de Carballo está situada a máis de quilómetro e medio do centro de saúde. Un percorrido que os veciños das localidades próximas tiñan que cubrir, ata o de agora, por outros medios.

"Eu tiña que coller un taxi ata o centro de saúde. Agora déixame alí e lévame de volta á casa", di unha usuaria.

É unha das vantaxes dos novos contratos de transporte. Arredor de Carballo circulan agora un total de 160 traxectos de luns a domingo que se artellan a través dunha unión de empresas. Levan poucas semanas en marcha e queda adaptarse aínda aos novos horarios.

"Está ben. Pero hai moitas liñas e, se non sabes o horario, é complicado". "Pouco a pouco hai que ir organizando. Pero son máis liñas e máis frecuencias".

Os usuarios destas liñas poden beneficiarse tamén das vantaxes da tarxeta de transporte metropolitano con bonificacións nas viaxes, transbordos de balde e descontos para familias numerosas. O transporte público de Galicia é ademais gratuíto para os menores de 21 anos a través da tarxeta Xente Nova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020