CRTVG

Buscar

As Pontes volve saír á rúa en defensa da actividade na central térmica

Publicado o 30/12/2019 15:10

A solicitude de peche da central está xa sobre a mesa e o colectivo de transportistas do carbón pide unha maior implicación na loita, porque de aquí depende o futuro de máis de 750 familias.

Endesa di que a tramitación do peche da instalación levará 18 meses, e durante ese período consumiarán as 880.000 toneladas de carbón que teñen almacenadas, garantindo carga de traballo para as empresas auxiliares.

Un compromiso que non convence ao comité de empresa, que segue apostando por atopar enerxías alternativas.

A idea é utilizar combustibles autóctonos, valorizar produtos que non van ter saída económica e quitar da circulación contaminantes.

E mentres a solución non chega, hoxe haberá concentración a partir das oito e media nas Pontes, en defensa dunha transición enerxética xusta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019