CRTVG

Buscar

As Pontes afronta o seu futuro despois de anunciar Endesa o peche da factoría

Publicado o 29/12/2019 14:43

Futuro difícil para As Pontes despois do peche de Endesa anunciado. O sentimento de impotencia e tristura é unánime entre unha poboación consternada por unha situación que custa afrontar.

Oitenta anos leva esta vila vencellada á xeración de enerxía. Os novos requirimentos de contaminación e o encarecemento da materia prima fixo a factoría pouco rendible. A das Pontes é a maior térmica de España e entre postos directos e indirectos xera emprego para case oitocentas persoas. Traballadores que ven complicado o seu futuro laboral.

Para algúns, o plan de acompañamento ao cesamento da actividade non é suficiente garantía para manter viva As Pontes.

Complicada situación en que o tempo corre na súa contra. En catro anos a térmica estará desmantelada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/12/2019