CRTVG

Buscar

As persoas con síndrome de Down queren que as coñezamos mellor

Publicado o 21/03/2019 16:13

No Día Mundial da Síndrome de Down as persoas con esta discapacidade e as organizacións que as apoian insisten en que superemos os tópicos. Por iso as campañas e as actividades que fan pretenden axudarnos a que as coñezamos mellor. 

Por iso as actividades que propoñen as entidades de apoio ás persoas con Síndrome de Down tentan favorecer o coñecemento directo da súa realidade.

Hoxe Pedro, Pili, Jose e outros compañeiros de Down Coruña compartiron a xornada cos alumnos deste colexio, incluída unha charla na que lles contaron a súa historia e os seus proxectos de vida... Aos asistentes quedoulles claro que, nas cuestións esenciais, a súa vida e os seus soños non son moi distintos dos de calquera e que farán todo o posible por conseguilos.

 

 

 

Noticias web

21/03/2019