CRTVG

Buscar

As oposicións, suspendidas mentres dure a crise

Publicado o 14/05/2020 20:26

A ministra de Política Territorial confirma que as oposicións seguirán suspendidas por tempo indefinidio.

Carolina Darias explicou no Congreso que as probas selectivas se retomarán unha vez o permita a situación sanitaria. A ministra tamén informou da contratación de 1.500 funcionarios interinos para aliviar o funcionamento de organismos como o Servizo Público de Emprego.

Carolina Darias dixo que "en canto remate a suspensión de trámites administrativos, os procesos selectivos poderanse tramitar con carácter ordinario. Porén, posponse a celebración de probas selectivas presenciais de concurrencia masiva polo tempo que resulte imprescindible. En todo caso, vaise garantir a continuidade dos procesos".

Noticias web

14/05/2020