CRTVG

Buscar

A oferta pública de emprego da Xunta convocaranse en febreiro

Publicado o 24/11/2020 09:33

A oferta pública de emprego (OPE) da Xunta convocaranse en febreiro, segundo avanzou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Están suxeitas á aprobación dos orzamentos galegos, previsiblemente en xaneiro do 2021.

Serán unhas oposicións de grande volume: ás case 7.500 prazas adiadas este ano por mor da pandemia súmanse 4.600 pertencentes ao ámbito educativo e sanitario. Deste xeito, a oferta de emprego público elévase ata as 12.000 prazas no 2021.

A Xunta conta con flexibilizar as probas, de maneira que unha mesma oposición poderán facerse en días e lugares distintos, con exames e quendas diferentes.

Noticias web

24/11/2020