CRTVG

Buscar

As ondas superan os oito metros de altura en Estaca de Bares

Publicado o 09/12/2019 19:46
As ondas superan os oito metros de altura en Estaca de Bares

Toda a Costa da Morte e A Mariña luguesa amenceu hoxe en aviso laranxa por mar de fondo e intensos refachos de vento, que alertaban de ondas entre 5 e 7 metros de altura. En Estaca de Bares superaron os 8 metros. Así permaneceu toda a xornada e espérase que a situación non varíe ata as doce da noite. Daquela, o aviso baixará a nivel amarelo.

Segundo Meteogalicia, os avisos manteranse activos ata o xoves cando menos, porque as previsións anuncian forte ondada todos estes días.

Noticias web

09/12/2019