CRTVG

Buscar

As obras na estación de Ourense para a chegada do AVE afectarán 40 trens entre o venres e o martes

Publicado o 02/10/2019 20:22

En total serán corenta e tres os trens afectados. Especialmente o luns 7 e o martes 8. Os pasaxeiros que utilicen eses trens que pasan por Ourense terán que realizar parte dos seus percorridos en autobús, para o que Renfe habilitou un dispositivo especial.

As obras de reforma das vías e os apeadoiros para adaptalos aos novos servizos de alta velocidade, ao ancho estándar, fan imposible que varios convois circulen pola terminal ourensá. Os trens afectados concéntranse sobre todo a primeira hora da mañá e a última da tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019

Máis sobre Ourense