CRTVG

Buscar

As obras do AVE provocarán cortes na conexión con Madrid a partir do mércores

Publicado o 05/05/2019 20:37

Durante dúas semanas, desde o 8 ao 24 de maio, os viaxeiros con orixe ou destino Madrid terán que realizar parte do percorrido en autobús por mor das obras do AVE, que entran na súa fase final.

As obras realizaranse entre as provincias de Ourense e Zamora, nos puntos en que coinciden a liña antiga e a nova.

Os cortes afectarán en total 163 trens. Nas liñas que saen de Ferrol, A Coruña/Santiago e Lugo con destino a Madrid habilitaranse transbordos en autobús para os viaxeiros entre as estacións de Ourense e Zamora, e o mesmo en sentido contrario.

No caso das liñas que saen de Vigo e Pontevedra con destino a Madrid, o percorrido en bus farase desde a estación de orixe ata Zamora, para desde alí continuar en tren. O mesmo sucederá en sentido inverso. O servizo de tren hotel non se verá afectado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019