CRTVG

Buscar

As obras da intermodal de Pontevedra rematarán no prazo dun ano, segundo as previsións

Publicado o 21/01/2020 14:21

As obras do complexo intermodal de Pontevedra inclúen a reforma da estación de autobuses, cun investimento de dous millóns e medio de euros, e a urbanización e mellora do exterior e da conexión coa do tren, cun orzamento de tres millóns e medio.

Os viaxeiros disporán dun itinerario peonil, haberá un novo acceso para os buses e poñerase en valor a contorna do río Gafos.

Representantes da Xunta e do Concello supervisaron ás obras. A administración autonómica achega o 75 % do custo e a local, o 25 %.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Eu creo que vai quedar moi ben, que nos satisfai a todos e que entre as dúas administracións, cada unha coa súa achega, imos facer unha obra moi necesaria e moi visible, un cambio espectacular".

Segundo as previsións, as obras estarán rematadas para o próximo Xacobeo. Agardan que supoña un novo estímulo para utilizar o transporte público.

Noticias web

21/01/2020