CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As mulleres ateigaron as rúas de Compostela, desde a praza Roxa á praza de Galicia ou o Obradoiro

Publicado o 08/03/2018 14:42

Chovía sobre mollado en Santiago e o son da zona vella soaba en feminino Estaban convocadas concentracións en distintos puntos da cidade e as previsións desbordáronse. A marea de mulleres votou andar por Compostela.

"Porque as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes. Polas que sufren e non se atreven a dicilo. Porque é imposible conciliar a vida laboral coa familiar. Os homes teñen que apoiarnos os 365 días do ano".

O punto de encontro do movemento feminista a Praza Roxa, A CIGA quedou na Praza de Galicia. Os sindicatos CCOO E UXT na praza do Obradoiro. Aquí foi onde finalmente confluíron todas.

"As insitucións teñen que poñer solucions e maís axudar a prol da igualdade", Lucía Freire, secretaria da Muller da CIG.

"Parece que nos empezan a escoitar e a partir de hoxe comezaremos a traballar", Mamen Sabio, secretaria da Muller de CCOO.

As mulleres tomaron as rúas de Santiago pola mañá e para a tarde nova manifestación ás 8 desde a praza 8 de marzo.