CRTVG

Buscar

As medidas de restrición reforzada mantéñense en Arteixo e no barrio lugués da Milagrosa

Publicado o 02/09/2020 20:57

Aquí as restricións son máis severas ca no resto da cidade. Este barrio está considerado a zona cero dos contaxios. Por iso os establecementos hostaleiros só poden ter clientes en terraza e ao 50% da súa capacidade. Moitos establecementos din que con estas condicións non poden sobrevivir así que boa parte deles manteñen as portas pechadas. Ademais, as reunións sociais nesta zona limítanse a cinco persoas. E seguen pechadas as residencias de anciáns e centros de día para maiores. A área sanitaria non informa sobre o número total de afectados por Covid-19 na cidade. Só confirman que, nas últimas horas, este gromo aumentou con 22 positivos novos.

 

Noticias web

02/09/2020