CRTVG

Buscar

As matriculacións de vehículos caeron un 21% no mes de outubro

Publicado o 02/11/2020 14:30

O mes de outubro pecha como un dos peores da historia no que a venda de coches se refire. O mes pasado matriculáronse no conxunto de España 74.228 vehículos, un 21% menos ca en outubro do 2019. É o quinto peor dato deste mes dos últimos 25 anos.

Entre os meses de xaneiro e outubro vendéronse 670.000 vehículos, case un 37% menos que o ano anterior. O sector pide que se manteñan as axudas durante o 2021 para estimular as vendas.

Noticias web

02/11/2020