CRTVG

Buscar

Son efectivas as máscaras se se mollan pola chuvia?

Publicado o 22/01/2021 20:31

O paraugas semella case imprescinbdible nestes días de chuvia, os gorros e as capuchas non evitan que as máscaras se mollen. A humidade fai que perdan o seu poder de filtración e deixen de protexer.

Unha boa opción é levar unha máscara de reposto, por se finalmente se mollan. Sempre debemos respectar os tempos máximos de uso.

Non facer un uso correcto das máscaras pódenos dar unha falsa sensación de seguridade cando en realidade estamos desprotexidos.

Noticias web

22/01/2021