CRTVG

Buscar

As mariscadoras de a pé da ría de Pontevedra agardan volver á praia a semana que vén

Publicado o 04/06/2020 15:07

As mariscadoras de a pé da ría de Pontevedra aínda non puideron volver traballar logo da crise do coronavirus. O martes, día que tiñan previsto facelo, detectouse toxina e procedeuse a un peche cautelar. Se todo vai ben e a climatoloxía acompaña, prevén volver ás praias a principios da semana que vén.

A seca está hoxe perfecta para marisquear nos Praceres, pero a presenza de toxina impide traballar ás case catrocentas mulleres de tres confrarías que recollen aquí. As de Raxó, as de Lourizán e as de Pontevedra. Hai días que acadan as catro toneladas de ameixa. Están desexando volver gradualmente a marisquear, pero polo de agora han de agardar.

Sobreviviron grazas ás axudas e agora agardan poder volver o luns a recoller molusco.
A zona que está pechada é esta denominada zona cinco, o marisqueo a flote na contorna de Tambo comezou xa a traballar en maio.

Noticias web

04/06/2020