CRTVG

Buscar

As luces de Nadal enchen as rúas de Vigo

Publicado o 06/12/2019 16:32

Para as luces hai que esperar á tarde, claro, pero esta mañá xa se estaba quentando o ambiente en Vigo. Colas na noria e maletas dun lado para outro. Nos hoteis cheo total e reservas xa feitas hai tempo.

De Asturias e de castela Leon moitos visitantes pero tamén doutros puntos da península e estrenxeiros que aproveitan sua estancia en Galicia pra achegarse a ver as luces

Todos expectantes por ver esta tarde noite as luces, algúns instigados polos recordos da infancia outros polas parellas.

O cheo total desta ponte é para hoteis pero tamén para moitos restaurantes. Dificil senon case imposible vai ser encontrar mesa nos locais máis valorados. E as previsións é que este nivel de ocupación se prolongue ata as propias festas do Nadal.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019