CRTVG

Buscar

As localidades raianas queren que se abran as fronteiras canto antes

Publicado o 05/06/2020 14:49

Son rutinas que se botan de menos. Vendo o ambiente nestas localidades fronteirizas, abrir o paso cos países veciños é unha prioridade para moitos. Primeiro o Goberno anunciouna para o 22 de xuño, pero pronto houbo rectificación.

Non poderemos pasar a Portugal ata que comece o mes de xullo. Os alcaldes da raia levan tempo reclamando a reapertura dos seus pasos fronteirizos. Queren recuperar a actividade económica que leva interrompida dende o comezo da pandemia.

Noticias web

05/06/2020