CRTVG

Buscar

As listas de espera do Sergas, as máis baixas desde que hai rexistros

Publicado o 17/01/2020 15:00

Balance no Sergas. Redúcense os tempos de espera nos hospitais do Servizo Galego de Saúde para consultas, probas de diagnose e cirurxías. 

Galicia pechou 2019 co menor tempo de espera cirúrxica da súa historia, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde. Un enfermo agardou 54 días de media para ser operado, sete menos que en 2018.

O xerente do Sergas destaca: "Estamos por primeira vez no servizo Galego de Saúde por baixo dos sesenta días, e practicamente por baixo da metade do prazo de tempo de espera medio do Sistema Nacional de Saúde".

A espera baixa nos casos máis graves. Os enfermos agardaron os 16 días de media para ser operados. Tres menos que en 2018.

Para probas diagnósticas o tempo redúcese en máis de catro días, o mellor dato rexistrado ata agora. Tamén nas consultas. A espera por un especilista foi de 41 días, tres menos que en 2018.

Antonio Fernández-Campa di que "as vías rápidas e os tempos de garantías teñen producidos os efectos nas enfermidades máis graves. E fan que a oncoloxía médica e a a radioterapia sexan as especialidades con menor tempo de espera en consultas".

Por áreas, a de Pontedra-O Salnés deixa os mellores datos globais. Co Cunqueiro, a de Vigo lidera a redución da lista de espera en cirurxías.

Noticias web

17/01/2020