CRTVG

Buscar

As lavandarías de autoservizo denuncian que poden ser un foco de contaxio

Publicado o 17/03/2020 21:15

Din que están sumidos na confusión e na indefensión. O sector das lavandarías de autoservizo cren que, mal levadas, poden ser un foco de contaxio. 

"Econtrámonos ante unha indefensión por carencia de medios de hixiene e carencia de comunicación por parte dos medios oficiais sobre como levar o servizo neste tipo de establecementos. Son botoneiras que se tocan coas mans", comenta Rubén Barros, o xerente dunha lavandaría de autoservizo da Coruña.

Non teñen empregados que velen presencialmente polo cumprimento das medidas de hixiene.

Non sacudir a roupa sucia antes de introducila nas máquinas e non dobrar a colada nas mesas son algunha das medidas. 

"Precisamente, onte, e nós temos imaxes disto, dúas persoas sentadas no chan, sen ningún tipo de separaciónn menor a un metro, e permanecendo dentro do local", di Barros.

Estas lavandarías non se consideran un servizo básico, xa que non traballan co sector sanitario. Ademais, a confinación dos clientes failles baixar a facturación.

"Diariamente, desde o estado de alarma, temos entre un 10 e un 20% da facturación dun día normal, tanto na fin de semana coma nun día laboral", conta Rubén Barros.

Os propietarios destes negocios buscan organizarse para poder presionar en bloque.

Noticias web

17/03/2020