CRTVG

Buscar

As ITV prepáranse para a volta ao traballo con aumento de horarios e persoal

Publicado o 28/04/2020 13:36

As ITV galegas seguen pechadas. Están á espera das instrucións do Ministerio de Industria para saber cando poderán comezar coa actividade de novo. Mentres prepáranse para esa apertura.

En Galicia anuncian incremento de horarios e persoal. Lanzan a través da súa páxina web un curso en liña e gratuíto para formar inspectores. Tamén implementarán máis medidas de seguridade. Entre elas, o pago en liña das tarifas para que o contacto entre usuarios e traballadores sexa mínimo.

Galicia conta con 26 postos fixos e 10 móbiles para inspección de vehículos.

Noticias web

28/04/2020