CRTVG

Buscar

As illas Cíes tamén reciben visitantes neste día para despedir o ano

Publicado o 31/12/2019 13:48

Se todos os días son bos para visitar as Cíes, o derradeiro do ano aínda pode ser máis especial.

O auxe turística do Nadal en Vigo aumenta tamén a demanda de billetes para o arquipélago. As fins de semana e os festivos do inverno xa están incorporados aos calendarios regulares das navieiras e a despedida do ano vai camiño de se converter nunha nova tradición.

Cotillón, uvas e badaladas anticipadas. Non falta de nada para despedir 2019 desde un paraíso natural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019