CRTVG

Buscar

As grandes cadeas de distribución apostan polos pratos preparados

Publicado o 26/12/2019 20:57

Comida caseira, saudable e feita no día. O negocio dos pratos preparados baseados en alimentos frescos aumentou en España un 6% o ano pasado.

Para as celebracións desta pasada Noiteboa da cociña deste supermercado saíron 3.000 kg de alimentos listos para consumir. Este establecemento leva máis de tres décadas ofrecendo pratos preparados e ampliando o seu catálogo segundo os gustos dos consumidores. É un dos que máis vende de toda España e as verduras son a súa próxima revolución.

Esta aposta das grandes cadeas de distribución quere ser unha competencia seria aos locais de comida rápida. De momento, o sector medrou case un 7% e facturou 2.850 millóns de euros en 2018, segundo a consultora DBK.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019