CRTVG

Buscar

As forzas de seguridade buscan máis de 5.500 persoas desaparecidas en España

Publicado o 02/03/2020 14:58

As denuncias por desaparición diminuíron durante o ano pasado en España, pero moitos casos seguen sen se resolver. Desde que hai rexistro, continúan activas arredor de 5.500 denuncias. Delas, máis da metade corresponde a menores de idade. Son algúns dos datos do informe que presentaron hoxe no Ministerio do Interior.

Yago de la Puente desapareceu en xullo de 2019 en Ortigueira. A súa busca continúa máis de sete meses despois. É unha das 26.356 denuncias por desaparición rexistradas o ano pasado, que rematou cuns 2.400 casos activos. É dicir, como no caso de Yago, sen resolver. Son moitos, pero menos ca o ano anterior.

Desde que existe rexistro, superáronse as 200.000 denuncias por desaparición. Delas, o 93% cualifícanse como cesadas porque as persoas foron localizadas. Pero algunhas seguen activas. Para garantir unha mellor atención a casos coma estes, traballan no estatuto do desaparecido.

Canto á clasificación, arredor de nove de cada dez desaparicións foron voluntarias, o 6,3% involuntarias e o 1,3% forzosas, as máis inquietantes porque levan implícito un feito delituoso.

 

Noticias web

02/03/2020