CRTVG

Buscar

As forzas da orde tentan controlar as festas ilegais de final do verán

Publicado o 13/09/2020 14:54

Estamos a piques de esgotar o verán e o bo tempo animou a moitos a festexalo. Os locais pechan á unha e son moitos os que buscan pisos, barcos ou casa particulares para reunírense.
As forzas da orde tentan controlar estes eventos: tan só en Vigo a Policía Local interveu en tres festas con máis de 600 participantes.

Son as últimas horas de lecer de bo tempo este verán e mozos e no tan mozos aproveitan as temperaturas para gozar de terrazas e locais, pero só podemos ata a unha da mañá. Por iso son moitos os que buscan alternativas: casas barcos, botellóns, praias.

Nas últimas horas só en Vigo a Policía Local detectou máis de tres festas ilegais con máis de 600 persoas, unha foi a inauguración deste cafetería na parroquia de Candeán, e concetracións de vehículos no parque forestal de Beade e grupos de botellón e festas en pisos. Os responsables de establecementos consideran que a mocidade estaría máis controlada e segura nos locais que facendo festas en pisos sen ningún control.

O novo lecer esixe maior esforzo das forzas da orde, moi pendentes desde a desescalada da seguridade sanitaria A situación sanitaria da provincia de Pontevedra podería implicar máis restricións en máis localidades.

Noticias web

13/09/2020