Comeza a operación Centinela, con 27 patrullas do Exército vixiando os nosos montes
Publicado o 14/08/2020 16:13
Bota a andar a operación Centinela galego. O dispositivo das forzas armadas para colaborar na loita contra o lume.
O operativo arranca con 27 patrullas vixiando cada recuncho dos nosos montes. Se a situación o require, esas patrullas poden duplicarse e mesmo triplicarse. Poñen a atención nos que queren queimar o noso medio natural.
O conselleiro do Medio Rural destacou a súa colaboración na investigación dos incendios.
Levan 13 veráns desenvolvendo este operativo. Este ano tampouco baixarán a garda, a pesar de que as condicións especiais de seguridade por mor da covid-19 lles dificulten a tarefa.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34