CRTVG

Buscar

As ferraxerías poden abrir en Galicia durante o confinamento

Publicado o 18/03/2020 20:50

Que pasa se precisamos unha copia das chaves ou temos unha pequena avaría nesa casa onde pasamos máis tempo que nunca? Inicialmente houbo desconcerto, porque as ferraxerías non aparecen na listaxe do BOE en que se declara o estado de alarma. Pero unha publicación posterior do 'Diario Oficial de Galicia' permite xa a apertura destes establecementos especializados para a venda a pequena escala. Miguel ten moi claro cal é o kit básico para pasar a corentena.

Cando abriu o seu negocio, nunca pensou en atravesar unha situación semellante, pero este empresario axiña se adaptou a atender na porta con luvas, máscara e a un metro de distancia. Pero ollo, ter a porta aberta non significa que se poida mercar calquera produto neste establecemento, só os de primeira necesidade.

Noticias web

18/03/2020