CRTVG

Buscar

As farmacias piden dispensar test rápidos da Covid

Publicado o 19/09/2020 14:49


As farmacias cren que poden seguir colaborando coas autoridades sanitarias, agora na detección precoz dos contaxios da Covid-19. Por iso pediron autorización para ofrecer tes rápidos individualizados e que os cidadáns poidan acceder asi a este tipo de probas a través das farmacias. No colexio de farmaceúticos da Coruña, a vogal Paula Briones defende a iniciativa sempre que estea controlada pola consellería de sanidade.

 Paula Briones Vogal de Alimentación do Colexio Oficial de Farmaceúticos da Coruña "Sempre e cando sexa unha medida para favorecer e que poidamos axudar como sanitarios non teriamos maior problema en facelos pero sermpre dirixidos para non interferir coas cousas que faga a admnistración e coa propia consellería de sanidade"

Estes profesionais lembran que ante os primerios sítomas ou sospeitas de estar infectado, o primeiro paso é acudir ao médico pero cren que os test nas farmacias poderían axudar.

 Paula Briones Vogal de Alimentación do Colexio Oficial de farmaceuticos da Coruña "Se nese momento o sistema estivese moi colpasado, non veria mal que esa persoa veña á farmacia e compre a proba ou ben que o sistema a financie"

As farmacias terían que contar cunha zona axeitada para facer a proba e formar o persoal para interpretar o resultado, que non é doado.

 Paula Briones Vogal de Alimentación do Colexio Oficial de Farmaceúticos da Coruña "Sempre hai positivos débiles, ou sexa, o que é negativo é negativo pero dentro dos positivos pode haber algunha interferencia que se algunha persoa non ten unha formación pode levar á confusión"

Ademais, as propias farmacias se encargarían de tratar e eliminar os residuos xerados por estas probas.

Noticias web

19/09/2020