CRTVG

Buscar

Os afectados polo incendio nun piso de Betanzos non saben cando poderán volver

Publicado o 30/04/2019 18:50

As tres familias afectadas polo incendio nun piso de Betanzos aínda non saben cando van poder regresar ás súas vivendas.
O veciño hospitalizado tras sufrir un infarto podería estar a piques de recibir a alta.

Os afectados polo incendio dun piso en Betanzos o sábado pasado continúan sen poder volver ás súas casas. A vivenda onde se orixinou o lume está inhabitable, e os pisos superiores continúan danados polo fume.

Os bombeiros tiveron que evacuar o edificio, sacando pola ventá os tres membros da familia que vivían no terceiro andar e o can. Un veciño, que tivo que ser trasladado ao hospital por un infarto, podería recibir a alta hoxe.

Polo momento, unha das familias está aloxada nun hotel e as outras permanecen en casas de familiares.

Noticias web

30/04/2019