CRTVG

Buscar

As exportacións galegas volverán superar os 21.000 millóns en 2019

Publicado o 24/01/2020 15:05

O ano pasado empezou con caídas das exportacións en Galicia, pero compensouse no resto do ano e, cos datos ata novembro, todo apunta a que se manterá a cifra récord de 21.000 millóns, acadada por primeira vez en 2017.

O automóbil e o téxtil seguen á cabeza cun incremento tamén do sector agroalimentario, que agrupa moitas pemes, con exportacións importantes de viño, pesca ou os lácteos, que chegaron á China o ano pasado con varias marcas.

E destacan tamén as vendas ao exterior de aparellos mecánicos, industrias químicas ou plásticos. En xeral, Galicia é a sexta comunidade con máis exportacións.

Preciamente para apoiar as vendas no exterior, a Xunta pon en marcha novas liñas de axudas que hoxe saen publicadas no DOG.

Noticias web

24/01/2020