CRTVG

Buscar

As estradas prepáranse para a neve e as xeadas do inverno

Publicado o 04/11/2020 14:45

As máquinas quitaneves, as cuñas e os camións esparexedores de sal e salmoira xa están preparados para garantir a seguridade das estradas galegas fronte ás inclemencias do tempo, especialmente nas zonas de alta montaña.

"Seguridade nos 5.500 quilómetros de estradas de titularidade da Xunta de Galicia e especial atención aos 1.000 quilómetros que están a cotas superiores e son máis susceptibles de sufrir xeadas e neve", sinala Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Para facerlle fronte a fenómenos como a choiva intensa, a neve ou as xeadas, Galicia conta con máis dunha vintena de centros operativos coma este do Incio.

"En total en Galicia hai 26 centros operativos e 460 profesionais que se dedican a garantir a seguridade e a mobilidade nas estradas de titularidade autonómica", sinala Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

A Xunta destina cada anos uns 50 millóns de euros na conservación de estradas.

Noticias web

04/11/2020