CRTVG

Buscar

As escolas infantís preparan os protocolos de actuación para abrir o día 1 de setembro

Publicado o 20/08/2020 10:25

As escolas infantís serán a avanzada, as primeiras en abrir as súas portas, o 1 de setembro as privadas e o 4 as públicas.

Fernando Rolland, vicepresidente de Agadei, explica no Bos días o protocolo de actuación e como afrontan este particular inicio de curso.

O primeiro cambio e suprimir os xoguetes compartidos e "desaparecen das aulas para minimizar os riscos", explica Fernando Rolland.

"Non estaba previsto que se nos fixersen probas, pero na xuntanza que tivemos onte coa directora xeral de Familia xa se nos dixo que nos ían facer probas a todo o persoal e que comezarán, posiblemente, a semana que vén".

"Unha das cousas en que máis inciden as escolas é a entrada gradual. Si que cambiará un pouquiño, haberá menos contacto cos país, contacto específico para o centro, entre outras medidas", explica o vicepresidente de Agadei.

 

Noticias web

20/08/2020