CRTVG

Buscar

As entradas para a gravación do 'Inimitables' de Raphael esgótanse en só duas horas

Publicado o 24/05/2019 19:46

 "Me dicen que soy tonto porque creo en tu querer..." Seis décadas leva xa o inimitable Raphael confiando no querer incondicional dos seus seguidores... "Eurovisión sería testemuña do despuntar de Raphael que co seu tema Yo soy aquel conseguiría a sétima praza en 1966..."

A súa traxectoria vital e musical e o seu vínculo con Galicia serán o fío do próximo programa da serie Inimitables..Arturo Fernández, guionista e presentador de Inimitables: "É unha viaxe que organizou a TVG, porque Raphael ten dito moitas veces que ten unha conexión especial con Galicia e co público galego; por qué? Entón ímoslle facer un seguemento desde que chega ata que se vai". 

Imos ter tamén un concerto especial no que nos vai cantar os temas máis importantes da sua carreira e, atención!, porque nos vai dar tamén unha entrevista que nos dixo que nunca contou nun programa de televisión algunhas das cousas que nos vai contar, ptrecisamente polo momento en que está na sua vida. 

O éxito da proposta deste novo episodio de Inimitables xa se está notando a priori, porque as entradas para a gravación, que terá lugar o próximo xoves no teatro Jofre de Ferrol, esgotáronse en só dúas horas.

 "...me conformaré, que después me dejes tú, ay, vida, si ha de ser así!"

Noticias web

24/05/2019