CRTVG

Buscar

As empresas prepáranse para a nova normalidade

Publicado o 10/06/2020 15:15

Con máis de trescentos cincuenta empregados en distintos centros de España, esta empresa de capital galego traballa na implantación das novas condicións laborais coas que teremos que convivir tras o estado de alarma. 

Máis aló de garantir a distancia, a hixiene e as medidas de desinfección que obriga o real decreto aprobado polo Consello de Ministros, cada empresa desenvolve as súas ferramentas específicas para minimizar o risco de contaxio. Neste caso a empresa dedicada ao servizo de alimentos a través de vending deseñou unha aplicación para a dispensación de produtos sen necesidade de tocar as máquinas.

Coma esta, as empresas prepáranse para a chamada nova normalidade, en que terán que velar pola máxima protección sanitaria e laboral dos seus traballadores.

Noticias web

10/06/2020