CRTVG

Buscar

As empresas españolas facturaron en xuño un 16% menos ca no mesmo mes do ano pasado

Publicado o 17/08/2020 14:34
As empresas españolas facturaron en xuño un 16% menos ca no mesmo mes do ano pasado

Novo dato que dá conta da crise económica aberta pola covid-19. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, as empresas española facturaron o pasado mes de xuño un 16% menos ca no mesmo mes do ano pasado. Encadean así catro meses consecutivos de caída interanual na cifra de negocios.

A pesar dos malos datos, as perdas son menores que no mes anterior, grazas á reapertura dalgúns sectores.

Noticias web

17/08/2020